BOCATA E DEPORTE SOLIDARIO 2018

Un ano máis, a xornada do sábado 14 de abril foi unha xornada solidaria en Maristas. Co deporte e o momento de xantar compartido como puntos fortes da xornada, tamén houbo outras actividades como o lanzamento de globos de auga e o pongobingo pola tarde. A tenda solidaria e un novo proxecto de intercambio 1x1 tamén tiveron o seu espazo no patio do colexio. Todo o recaudado irá a parar ao Proxecto Urogallo que os Maristas desenvolven no centro co mesmo nome en Ponferrada, onde traballan con rapaces e rapazas en risco de exclusión social. 

Categoría: