Maristas, primeiro posto na fase de clasificación do Parlamento Xove 2018

O equipo de Cuarto da ESO formado por Yago Cabrera, María Pedreira, Nerea Mon, María Fernández e coordinado pola profesora Paula Prado acadaron o primeiro posto na fase de clasificación do Parlamento Xove 2018.

Por outro lado o equipo de Terceiro da ESO formado por Raquel Caloto, Nerea Santorum, María López, Pablo Rodríguez e coordinado polo profesor Manuel Barreiro conseguiron un meritorio décimo posto.

Cabe destacar a mención especial a mellor orador que recibiu Yago Cabrera.

Nesta competición dialéctica, que se celebrou en Culleredo o pasado 24 de febreiro, participaron 23 equipos con alumnos de 3° e 4° da ESO de diferentes colexios de Galicia. O tema de debate esta vez foi "A educación ambiental nos centros educativos, ¿significaría evitar incendios como os acaecidos en outubro de 2017 en Galicia?

Agora, aos oito primeiros clasificados agárdalles a fase final en Santiago de Compostela con outro tema de debate.
 

Categoría: