PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE SECUNDARIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Poderá optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que reúna os seguintes requisitos:

  • 1. Ter cursado durante o ano académico 2017/18 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma deGalicia.
  • 2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  • 3. Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño de 2015).

Ver toda a información (DOGA 11 de maio de 2018) FACENDO CLICK AQUÍ

Categoría: